Avisos

🔴 Ao longo da xornada de hoxe, martes, 23 de xuño, actívase a alerta VERMELLA (nivel máximo) na nosa contorna por un episodio de vaga de calor, segundo informa a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. 
Galicia estará influenciada por unha masa de aire moi cálido, con temperaturas moi altas en zonas do interior e con valores igualmente altos no litoral. Prégase precaución e seguir as recomendacións estipuladas:
  • Hidrátate con frecuencia, aínda que non teñas sede. Bebe auga ao longo do día.
  • Busca lugares frescos e ventilados, especialmente nas horas de maior calor.
  • Evita a exposición directa ao sol nas horas centrais do día, sobre todo entre o mediodía e media tarde. Se tes que saír, usa protección solar, gorra ou sombreiro.
  • Presta especial atención ás persoas máis vulnerables, así como aos animais de compañía.

En caso de ser necesario, chama a ☎️ Emerxencias Galicia (112).”