Ares proxectará “Kung Fu Panda 4” este xoves dentro do seu Ciclo de Cine de Verán

Comparte esta nota de prensa

A película poderá verse o 23 de xullo, ás 22:30 horas, no patio das Escolas do Lago, dentro da programación VeraneAres 2026.

A actividade, promovida pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, será de balde e estará dirixida especialmente ao público familiar.

O Concello de Ares dará continuidade esta semana ao seu Ciclo de Cine de Verán ao aire libre coa proxección da película “Kung Fu Panda 4”, unha nova entrega da coñecida saga de animación protagonizada por Po.

A sesión celebrarase este xoves, 23 de xullo, a partir das 22:30 horas, no patio das Escolas do Lago. A proposta intégrase no VeraneAres 2026 e conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Nesta nova aventura, Po deberá afrontar unha etapa decisiva: converterse no Mestre Espiritual do Val da Paz e atopar á persoa que poida sucedelo como novo Guerreiro Dragón. Ao mesmo tempo, terá que enfrontarse a unha nova inimiga, coñecida como A Camaleona, nunha aventura que volverá a mesturar acción con moito humor.

A película está pensada para desfrutar en familia e combina o ton divertido da saga con valores como a confianza, a superación persoal e a importancia de aceptar os cambios.

O Ciclo de Cine de Verán completarase o 13 de agosto, tamén nas Escolas do Lago, coa proxección de “Rondallas”, prevista ás 22:00 horas.

Pódeche interesar