A rampla grande do paseo marítimo acolleu este sábado unha nova edición da tradicional Travesía a Nado de Ares, unha cita deportiva que reuniu a nadadores e nadadoras de todas as idades e categorías. Preto de 69 participantes lanzáronse ás augas da ría 🌊 para completar as diferentes distancias da proba, dende os 100 metros da categoría popular ata os 1.000 metros da proba absoluta.
Organizada polo Concello de Ares, a xornada desenvolveuse con éxito, malia as dificultades provocadas polo vento. Ao remate da competición entregáronse trofeos aos gañadores e gañadoras absolutos, así como recoñecementos ao nadador máis novo e ao máis veterán 👥.
Na categoría popular, todas as persoas participantes recibiron a súa medalla conmemorativa 🏅, reforzando o espírito dunha proba que busca fomentar a práctica deportiva e a participación por riba do carácter competitivo. A concelleira Alma Barrón 👤 foi a encargada de facer entrega das medallas e trofeos en representación do Concello.
O Concello de Ares quere agradecer 🤝 a colaboración de todas as entidades que fixeron posible esta XXIX edición: Club Marítimo de Redes, Club Náutico Ría de Ares, Protección Civil de Ares, ServiOcio Vegalsa e Supermercados Familia, cuxo apoio resultou fundamental para o bo desenvolvemento da xornada.

















































































