JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:
Infórmase de que:
O vindeiro domingo 2 de agosto, entre as 14:00 e as 15:00 horas, a Comisión de Festas do Mar organiza na Avenida Teniente General Gabeiras o lanzamento de dispositivos pirotécnicos tras a procesión na honra da Virxe do Carme.
Así mesmo, o domingo 9 de agosto, a Comisión de Festas de San Roque realizará o lanzamento de dispositivos pirotécnicos entre as 13:30 e as 14:30 horas (aproximadamente) na mesma zona, xunto cos posteriores fogos de artificio ás 00:00 horas.
Dase aviso de ambos os lanzamentos co fin de que a veciñanza poida adoptar as medidas de protección axeitadas para as persoas e os animais.
Faise especial fincapé nesta información para as persoas usuarias da praia canina, dada a súa proximidade aos puntos onde se realizarán as tiradas, polo que non poderán utilizar este espazo do areal urbano nos horarios indicados.
Ares, a 28 de xullo de 2026
O alcalde,
Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo


