Este aviso recolle as principais indicacións e normas de prevención impulsadas polo Concello de Ares para observar a eclipse solar de forma segura, protexer a saúde visual, evitar riscos de incendios forestais e garantir unha adecuada mobilidade e coidado dos animais durante o evento.
ECLIPSE SEGURO
Evita os riscos graves ao observar a eclipse solar
-
Utiliza lentes ISO 12312-2:2015. Confirma que son auténticas e que están en perfectas condicións, sen ralladuras nin danos.
-
Non mires ao sol sen protección homologada. Aínda coas lentes homologadas, é recomendable non mirar máis de 1 minuto seguido ao sol.
-
As lentes de sol convencionais non protexen os ollos da radiación directa.
-
Non mires o sol a través do móbil, cámara, prismáticos ou telescopios, nin sequera coas lentes homologadas. Con estes dispositivos só se pode mirar se contas con filtros solares específicos (ISO 12313-2:2015).
-
Supervisar a persoas menores de idade ou con discapacidade. As persoas menores de idade poden retirar as lentes accidentalmente ou mirar por curiosidade sen protección. As persoas con dependencia poden tamén necesitar axuda para garantir un bo uso das lentes de protección.
-
Ponte crema solar, gorra e roupa protectora para evitar queimaduras durante a espera.
-
Está prohibido aparcar en beiravías, zonas non habilitadas e sobre vexetación seca; os compoñentes quentes do vehículo, como o catalizador, poden iniciar un incendio.
-
Manten os accesos e pistas forestais libres, podes bloquear roteiros usados por servizos de emerxencia. Planifica os teus desprazamentos e, na medida do posible, evitaos.
-
Lembra que está prohibido facer lume, e non depositar residuos nin outros materiais que poidan favorecer a aparición do fogo.
-
Non bebas alcol se conduces un vehículo ou unha embarcación.
-
Control de animais domésticos. A escuridade repentina pode alterar o seu comportamento. Mantelos controlados evita perdas ou reaccións inesperadas.

