A Agrupación Instrutiva de Caamouco traslada ao Centro Social da Tenencia as actividades de «Lume no Castelo» e «Lume no Casteliño» por mor da previsión de chuvia

Comparte esta nota de prensa

A previsión de chuvia para esta fin de semana obriga a trasladar ao Centro Social da Tenencia as actividades previstas no marco de «Lume no Castelo» e «Lume no Casteliño», organizadas pola Agrupación Instrutiva de Caamouco coa colaboración do Concello de Ares e Campo Capela.

A programación dará comezo este sábado 29 de agosto, a partir das 20:30 horas, cun concerto de blues a cargo de David L.H. & the Po’boys. Inicialmente previsto no marco de «Lume no Castelo», o recital celebrarase finalmente no Centro Social da Tenencia para garantir o normal desenvolvemento da actividade ante as condicións meteorolóxicas previstas.

Ao día seguinte, domingo 30 de agosto, a partir das 11:30 horas, será a quenda de «Cantos e contos na foresta», un contacontos infantil a cargo de Calavera Teatro, incluído na programación de «Lume no Casteliño». A actividade tamén se trasladará ao Centro Social da Tenencia.

A organización anima á veciñanza a participar nesta fin de semana cultural e de lecer, mantendo así a programación prevista a pesar da previsión de chuvia.

Pódeche interesar