Este domingo 30 de agosto, Ares volverá a tinguirse de azul para apoiar o Club de Remo Ares e animar desde a casa á tripulación da Santa Olalla de Lubre nunha das citas máis agardadas do calendario deportivo do municipio.
O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e José Montero «Peli», presidente e secretario, respectivamente, do Club Remo Ares, presentaron esta mañá diante da Casa do Concello a XIX Bandeira Concello de Ares, unha das grandes citas deportivas deste mes de agosto.
A regata, correspondente á Eusko Label Liga, reunirá en augas de Ares as tripulacións que compiten na máxima categoría do remo do Cantábrico e o Atlántico, convertendo a xornada nunha cita ineludible tanto para a afección local como para as persoas seguidoras deste deporte.
Nunha fin de semana especialmente importante, na que ambas as dúas regatas serán decisivas para o futuro da Santa Olalla de Lubre na ACT, Ares converterase este domingo, a partir das 12:00 horas, nunha auténtica marea azul 💙🌊 para alentar desde a contorna do porto aos remeiros locais.
Desde o Concello animan a toda a veciñanza e á afección a acompañar e arroupar, un ano máis, ao Club de Remo Ares nesta importante cita. Un equipo que continúa avanzando desde o sacrificio, o traballo e a humildade, demostrando tamén esta tempada toda a bravura xabrenta para manterse con orgullo na máxima categoría.
🚣♂️ Só queda dicir: Aúpa Ares!

