Compartimos algunhas imaxes da charla-coloquio «Entre o cassoulet de Castelnaudary e a fabada asturiana», protagonizada por Juan Prados, acompañado polo alcalde de Ares, Julio I. Iglesias Redondo.
Un encontro no que descubrimos a historia, tradición e particularidades de dous pratos emblemáticos da gastronomía europea.
Grazas a todas as persoas que participaron e nos acompañaron nesta interesante viaxe gastronómica!
















