RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Expediente: PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE OFICIAL DE PRIMEIRA – UNIDADE DE ABASTECEMENTO DE AUGA
ANTECEDENTES
Primeiro.- A Xunta de Goberno Local, na sesión do 18 de maio de 2026, aprobou as bases e a convocatoria para a provisión en réxime laboral temporal dunha praza de Oficial de Primeira – Unidade de Abastecemento de Auga, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 96, do 25 de maio de 2026, anuncio 2026/3300.
Segundo.- Na Acta núm. 3, do 22 de xullo de 2026, o Tribunal cualificador aprobou a valoración da fase de concurso: 11,00 puntos para D. Eduardo Piñón Giraldez e 7,00 puntos para D. Andrés Cartelle Bañobre.
Terceiro.- Na Acta núm. 5, do 10 de agosto de 2026, o Tribunal aprobou as cualificacións do primeiro exercicio da fase de oposición: 80,00 puntos para D. Eduardo Piñón Giraldez e 57,50 puntos para D. Andrés Cartelle Bañobre; D.ª Verónica Fernández Castiñeira figurou como non presentada.
Cuarto.- Na Acta núm. 6, do 14 de setembro de 2026, o Tribunal comprobou que D. Eduardo Piñón Giraldez e D. Andrés Cartelle Bañobre acreditaron o nivel CELGA 2 ou superior, polo que quedaron exentos do exercicio de coñecemento da lingua galega. O Tribunal aprobou as puntuacións finais de 91,00 e 64,50 puntos, respectivamente, declarou aprobado a D. Eduardo Piñón Giraldez e elevou á Alcaldía proposta para a súa contratación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro.- As bases cuarta, novena e décima da convocatoria regulan, respectivamente, a acreditación do coñecemento da lingua galega, a cualificación final do concurso-oposición e a finalización do proceso selectivo, incluída a documentación que debe presentar a persoa aprobada e a formalización do contrato.
Segundo.- Corresponde á Alcaldía exercer a xefatura superior de todo o persoal e acordar a contratación do persoal laboral, de conformidade co artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sen prexuízo das delegacións que estean vixentes.
Terceiro.- A proposta do Tribunal vincula o órgano competente nos termos das bases e dos principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e transparencia que rexen o acceso ao emprego público.
Á vista do expediente e da proposta formulada polo Tribunal cualificador, e no exercicio das atribucións que me confire a normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro.- Aprobar a Acta núm. 6 do Tribunal cualificador e a clasificación final do proceso selectivo:
| ORDE | PERSOA ASPIRANTE | PUNTUACIÓN FINAL | SITUACIÓN |
|
1 |
PIÑÓN GIRALDEZ, EDUARDO |
91,00 |
PROPOSTO PARA CONTRATACIÓN |
| 2 | CARTELLE BAÑOBRE, ANDRÉS | 64,50 | LISTA DE RESERVA |
Segundo.- Aceptar a proposta do Tribunal e declarar a D. Eduardo Piñón Giraldez persoa seleccionada para a contratación laboral temporal dunha praza de Oficial de Primeira – Unidade de Abastecemento de Auga.
Terceiro.- Requirir a D. Eduardo Piñón Giraldez para que, no prazo de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da relación de aprobados, presente a documentación prevista na base décima:
- Orixinal ou copia compulsada do documento nacional de
- Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que imposibilite o desempeño das funcións da praza, cando non se atope en situación administrativa de servizo
- Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para empregos ou cargos públicos.
- Declaración de non estar incurso en causa de incompatibilidade conforme a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e demais normativa
- Copia do permiso de conducir esixido nas bases da convocatoria, en plena
Cuarto.- Advertir que, se a persoa proposta non presenta a documentación dentro do prazo indicado, salvo causa de forza maior, ou se do seu exame se deduce que non reúne algún dos requisitos esixidos, non poderá ser contratada e quedarán sen efecto as actuacións referidas a ela, sen prexuízo das responsabilidades en que puidese incorrer. Nese caso procederase, de ser conforme coas bases, ao chamamento da seguinte persoa da lista de reserva por orde de puntuación.
Quinto.- Aprobar a lista de reserva encabezada por D. Andrés Cartelle Bañobre, con 64,50 puntos, para os supostos de renuncia, falta de documentación, incumprimento dos requisitos, imposibilidade de contratación ou substitución da persoa seleccionada.
Sexto.- Unha vez presentada e comprobada favorablemente a documentación requirida, tramitarase a contratación laboral temporal de D. Eduardo Piñón Giraldez na modalidade contractual que resulte conforme coa lexislación laboral vixente. A formalización do contrato efectuarase no prazo de cinco (5) días desde a publicación da resolución definitiva que autorice a contratación, nos termos previstos na base décima.
Sétimo.- Ordenar a publicación da presente resolución e da proposta de contratación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e, para efectos informativos, na páxina web municipal, así como nos diarios oficiais que procedan conforme a base décima, e notificala á persoa seleccionada, á persoa integrante da lista de reserva, ao Tribunal cualificador e aos servizos municipais de Persoal, Secretaría e Intervención.
Oitavo.- Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante esta Alcaldía no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses, sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente.
Así o ordena e dispón o Sra. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a data de sinatura electrónica do documento e do eu, coma Secretario dou fe.


