XV Limpeza Simultánea de Praias

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, organiza unha nova xornada da XV Limpeza Simultánea de Praias.

A actividade terá lugar o domingo 18 de outubro, ás 11:00 horas, na praia do O Raso (Caamouco, Ares), e está aberta á participación da veciñanza e persoas voluntarias que queiran colaborar no coidado e conservación do noso litoral. 🐚

A xornada busca contribuír á limpeza da praia, sensibilizar sobre a importancia de preservar os espazos naturais e fomentar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

 Para participar, é necesario realizar a inscrición previa no teléfono 617 66 54 38.

Únete á marea e axuda a coidar o noso litoral!

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Date

Out 18 2026

Time

11:00 am - 2:00 pm
Category