Xunto coa cadea humana que se celebrará este 25 de outubro ás 13:00 h, no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o 19 de outubro, Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica, concienciar á sociedade e reivindicar máis recursos na súa prevención e detección temperá.
A fachada do Concello ficará en cor rosa, acompañando á pancarta que loce no exterior das instalacións municipais da Asociación Española contra o Cancro en Ares.
O cancro de mama tomámolo a peito!




