Avisos

O Concello de Ares informa de que a festa do Samaín, prevista para hoxe, venres 30 de outubro, queda suspendida debido á declaración de loito oficial.

A celebración queda adiada ao venres 6 de novembro, mantendo a programación prevista.

As actividades comezarán ás 17:00 horas na praza da Constitución.

No caso de choiva, trasladaranse á pista cuberta do CPI As Mirandas.