Con motivo da RODAXE DUNHA LONGAMETRAXE na vila dende o MARTES 3 DE NOVEMBRO e ata o 15 DE DECEMBRO desexamos informar sobre as áreas e vías que experimentarán ocupacións e cortes de tráfico.
Martes 3 de novembro, AVENIDA GENERAL GABEIRAS, PRAZA DA IGREXA E PRAZA DOMINGO TROCHE
Entre as 08:00 e as 18:00 horas (aprox.) levaranse a cabo restriccións de estacioamento e cortes puntuais que afectarán tanto a vehículos como a peóns que tenten acceder á zona de gravación durante os momentos específicos da gravación.
Xa pola tarde do mesmo día (de 17h a 23h) os cortes afectarán ao Paseo Marítimo na zona comprendida entre a Rampla Grande e a Avenida Saavera Meneses 40, incluíndo a parte de areal situado nesa zona.
A partires do día 4 de novembro a rodaxe trasládase ao núcleo de Redes onde as ocupacións e os cortes de tráfico afectarán a varias zonas: Praza do Pedregal, Praza do Emigrante, A Tenencia, aparcamento público de non residentes e ao areal de Area Morta. Os días de rodaxe dependerán das circunstancias climatolóxicas.
Agradecemos de antemán a vosa comprensión e colaboración!


