Avisos

Búscase xente para formar parte como figuración na rodaxe dunha película que terá lugar en Ares o vindeiro 3 de novembro.

Información importante e condicións do proxecto:

  • Importante: Non cubras o formulario se xa participaches na película CHAPAPOTE.
  • Dispoñibilidade: Precísase dispoñibilidade de xornada completa.
  • Remuneración: Salario de 59 € brutos/día, con alta no Réxime de Artistas por 8 horas (en caso de realizar horas adicionais, aboaranse como extra).
  • Desprazamento: O transporte ata o punto de rodaxe corre por conta propia.
  • Ambientación: A historia está ambientada no ano 2002, polo que se recomenda deixar medrar o pelo para evitar degradados ou peiteados demasiado actuais.

Nota: O feito de cubrir o formulario forma parte do proceso de selección e non garante a participación final. As persoas seleccionadas serán avisadas directamente por WhatsApp.

Inscríbete a través do formulario oficial: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe3sQa3nn1D6b-3xJ5qbRE0UOSgQRha5ncJF63unllCCFleQw/viewform