Ares pecha o ciclo de costura creativa e ‘upcycling’ con novas propostas prácticas

Comparte esta nota de prensa

A Casa Rectoral acollerá este mes de novembro tres novos obradoiros gratuítos para aprender a transformar, customizar e darlles unha segunda vida a aquelas pezas que xa non usamos no armario.

Toma nota das datas e dos contidos:

Martes, 3 de novembro
Horario: 11:00 a 13:30 h
Customiza a túa roupa: trae unha peza vella da casa que xa non uses para traballar sobre ela durante a sesión.

Martes, 3 de novembro
Horario: 16:00 a 18:30 h
Crea a túa tote bag: reutilización dun pantalón vaqueiro (denim) para confeccionar unha bolsa práctica.

Xoves, 5 de novembro
Horario: 16:00 a 18:30 h
Crea a túa tote bag (nova quenda): segunda oportunidade para transformar pezas vaqueiras en desuso nunha bolsa práctica.

Lugar: Casa Rectoral de Ares.

Inscrición gratuíta a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdzi0qtfzxMIpPy5HUV8NC54h0agb7UbjrYeCzAOHRGVX7kGQ/viewform

Unha aposta do Concello de Ares polo consumo responsable, a reutilización téxtil e a economía circular, porque a peza máis sostible é sempre a que xa temos.

Estas actuacións están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Pódeche interesar