Avisos

O Concello de Ares informa á veciñanza de que, debido á previsión de tempo desfavorable para o venres, a celebración do Samaín na vila adiántase a mañá, xoves 5 de novembro, mantendo integramente a súa programación dirixida ao público infantil e familiar.

A celebración comezará ás 17:00 horas na praza da Constitución, ofrecendo unha tarde chea de misterio, tradición e diversión para que cativos e maiores poidan gozar xuntos.

Entre as actividades previstas contaremos coa presenza da castañeira e castañas asadas, un túnel do terror, camas elásticas, música ambiente e animación. Ademais, haberá concurso de cabazas e o photocall da S.C. O Tilo.

A programación complétase con obradoiros creativos nos que a rapazada poderá elaborar imáns terroríficos e chapas de Samaín, ademais de crear as súas propias feridas de caracterización.

En caso de choiva, todas as actividades trasladaranse á pista cuberta do CPI As Mirandas, garantindo así o bo desenvolvemento da festa a cuberto.