Avisos

Ruta circular Ares-Cervás-Ares

  • 15 de novembro
  • Saída: 9:00 h · Chegada: 13:00 h
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares
  • Percorrido: 11 km · Desnivel: 100 m (+/-)
  • Dificultade: baixa
  • Prazas limitadas: 25 persoas · Prezo: 5 €

Un percorrido pola costa de Ares para descubrir algúns dos seus enclaves naturais máis destacados. A ruta pasará pola Punta do Castelo, as calas de Estacas e A Barrosa, o miradoiro do Blue Star e o Castro de Santa Mariña, ata chegar á Cova dos Mouros. O regreso realizarase polo interior, atravesando Lubre, ata completar o percorrido na Praza da Igrexa.

Inscricións abertas no seguinte enlace: https://forms.gle/csktd9A8GCsfG6NB8

Anímate a descubrir Ares paso a paso e a gozar do seu patrimonio natural e paisaxístico!