Ares celebrou o Día do Músico cunha tarde chea de harmonía e tradición no Casino Aresano.

Comparte esta nota de prensa

O pasado sábado, 21 de novembro, o Casino Aresano acolleu unha nova edición do Concerto Día do Músico, unha cita xa consolidada na axenda cultural de outono da nosa vila, que permitiu ao público gozar dun gran encontro arredor da música coral e tradicional.

Sobre o escenario reuníronse catro destacadas agrupacións chegadas de distintos puntos de Galicia e do veciño país portugués:

  • Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo)
  • Rondalla de Cariño
  • Coro Polifónico Verdoejo (Portugal)
  • Rondalla Trovadores de Ares, como formación anfitrioa.

Un evento organizado conxuntamente polo Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, e a Rondalla Trovadores de Ares, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e do propio Casino Aresano.

Moitas grazas a todas as agrupacións participantes polo seu talento e entrega sobre o escenario, así como a toda a veciñanza que se achegou a compartir esta xornada conmemorativa.

A música segue a ser un punto de encontro entre culturas, tradicións e persoas.

Pódeche interesar