Ares ilumina a súa fachada en apoio á loita contra a violencia machista

Comparte esta nota de prensa

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ares expresa a súa firme repulsa fronte a calquera tipo de violencia machista e reafirma o seu compromiso coa construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Xunto coa programación municipal organizada para estes días, a fachada do consistorio permanece iluminada de xeito especial durante toda a semana, nun xesto simbólico de apoio, sensibilización e visibilización desta causa.

Pódeche interesar