VIII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares 2024

Comparte este evento

O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, espertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas.

 

CALES SON AS CATEGORÍAS?

  • CATEGORÍA A: De 8 a 12 anos.
  • CATEGORÍA B: De 13 a 18 anos.

 

PRAZOS E LUGAR DE ENTREGA

A recepción das obras participantes farase a través do correo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com.

O prazo de presentación será do 7 ao 31 de outubro de 2024 ás 20:00 h.

 

COMO PARTICIPAR?

Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se envíe:

  • ASUNTO: VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
  • AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación e de identificacións das fotografías cubertos, asinados e escaneados. Poderá descargar os formularios na páxina web do concello en www.concellodeares.gal.

No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneada tamén a autorización de imaxe asinada por elas.

 

CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS

  • Todas as fotografías deben conter os datos mencionados no parágrafo anterior.
  • So serán admitidas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.
  • As fotografías deben ter entre 6 e 12 Megapixels, en formato JPEG ou JPG.
  • As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.
  • As fotografías non deben infrinxir os dereitos de terceiros.
  • As fotografías deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2024 e non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos.

 

FALLO E PREMIOS

  • O xurado designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base a: o adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo.
  • Elixiranse un total de 6 fotos (3 de cada categoría agás excepción motivadas do xurado).
  • Cada participante poderá ser finalista só cunha das fotografías presentadas, polo que, no caso de coincidir, o xurado deberá elixir outra no seu lugar.

PREMIOS

As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2025 que se reparte por todo o municipio, identificando a autoría daquelas.

CATEGORÍA A:

  • 1º PREMIO: Cámara de fotos ou Tablet
  • 2º e 3º PREMIO: Un lote de libros

CATEGORÍA B:

  • 1º PREMIO: Cámara de fotos ou Tablet
  • 2º e 3º PREMIO: Un lote de libros

 

CONDICIÓNS XERAIS

  • As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidas.
  • No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuíto o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuír, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.
  • O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos.
  • As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar no concurso.
  • Non poderán participar as persoas gañadoras dos primeiros premios da edición anterior.

 

 

FORMULARIO_DE_INSCRICION_FOTOGRAFIA_XUVENIL-2024

FORMULARIO_AUTORIZACION_IMAXES_TERCEIROS_CONCURSO_FOTOGRAFIA_XUVENIL-2024

DIPTICO CONCURSO FOTOGRAFIA 2024

Cartel Concurso Fotografía 2024

Pódeche interesar...

Eventos

Alfombras Florais Ares 2026

Celebración de la tradicional festividad del Corpus Christi en el municipio de Ares, destacada por sus espectaculares alfombras de flores. 📅 Data: 7 de xuño