Durante a tarde do sábado pasado, 8 freestylers galegos amosaron no núcleo da vila a súa destreza e creatividade coa rima improvisada!

Comparte esta nota de prensa

O rap chegou á Praza da Constitución e achegouse á veciñanza na I Batalla de Galos Concello de Ares, unha proposta alternativa das Concellarías de Cultura e Mocidade que se saldou positivamente.

Empregando un esquema de competición, con cuartos, semifinais e finais, Perry, Kumas, Galez, Ruvix, Ykiam, Dury, Junay e Kaid enfrontáronse baixo diferentes ritmos ata determinar o gañador. Junay, dende Lugo, recibiu o primeiro premio de mans das concelleiras Noelia Montero e Alma Barrón, e o resto de compañeiros tamén obtiveron as medallas conmemorativas do evento.

Así foron as imaxes que nos deixou esta primeira edición da Batalla de Galos!

 

Pódeche interesar