Ata o venres, 9 de setembro, inclusive, as persoas interesadas poden entregar as súas composicións no Local Social do CIRS de Cervás, en horario de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas, e sábados e domingos tanto pola mañá (🕛12:00 a 14:00) coma pola tarde (🕖19:00 a 21:00). Recorda que é fundamental facelo segundo as especificacións técnicas das bases: obras realizadas coa técnica do óleo ou acrílico, de temática libre e cun tamaño próximo aos 110×110 centímetros, incluído o propio marco da composición. Ademais, os cadros deben estar acondicionados para a súa exposición -rematados polos bordos-.
O fallo do xurado será xa o martes, 13 de setembro, e a apertura da exposición realizarase nas instalacións do CIRS de Cervás do 15 ao 25 deste mesmo mes.