O Concello entrega o segundo gran premio do MercAres 2025-2026!

Comparte esta nota de prensa

A veciña Mari Carmen Fernández Truébano recibiu onte das mans da concelleira de ComercioLucía Blanco, o segundo gran premio por valor de 300 euros do MercAres, a campaña de consumo de proximidade municipal, despois de que resultase agraciada nun dos vales-rascas que recibiu na panadería do núcleo urbano La Gallega.

galardón económico chega en forma de vale para investir nalgún dos máis de 90 establecementos adheridos este ano ao MercAres, facendo así que o premio fique no municipio a partir dun consumo circular e sostible.

Mais aínda segue en xogo o gran premio de 500 euros, entre outros! Así que a veciñanza ten até o 31 de xaneiro para animarse a participar e solicitar o seu vale-rasca por compras superiores a 10 euros.

Neste Nadal, apoia ao comercio local de Ares!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local