A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Comparte esta nota de prensa

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional as charlas totalmente íntegras dos expertos e expertas que cada mes visitan a vila para entrar en contacto coa veciñanza.

O programa educativo do Concello aposta así pola divulgación para mellorar o benestar xeral dos veciños e veciñas, entendendo o coñecemento como unha das chaves á hora de dotar á cidadanía de máis ferramentas prácticas que impulsen a súa calidade de vida.

Na canle de Youtube municipal atoparás contidos relacionados coa automedicación, a xestión emocional ou a diabetes a un só click de distancia. E tamén poderás ver en directo cada charla da Academia AresXSaúde que se promova por parte das áreas de Deportes e Benestar.

Porque informarse é un primeiro paso para empezar a coidarse.

Preme aquí e accede directamente ao perfil de Youtube do Concello.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local