O vindeiro venres, 7 de marzo, ás 19:30 horas, a autora conversará coa concelleira de Cultura Alma Barrón sobre esta novela chea de misterio, segredos e rencillas.
Ao peche do evento, haberá venda e sinatura de exemplares da obra.
A Concellaría de Cultura programa para este venres, 7 de marzo, unha nova presentación literaria no salón de actos da Alianza Aresana. A partir das 19:30 horas, Isabel Ramos Breijo estará en Ares para debullar as temáticas e o proceso creativo detrás da súa novela El Secreto de Andrea, acompañada pola edila Alma Barrón.
A autora de Narón afondará nesta obra onde Paula, unha organizadora de eventos, tomará a decisión de abandonar a súa vida urbanita para reencontrarse consigo mesma nunha pequena vila do Norte de Galicia. Mais na tranquilidade dese municipio agroma Andrea, unha veciña que desapareceu vinte anos atrás, e con ela tamén xurdirán segredos, misterios sen resolver e vellas disputas.
Unha historia onde non faltará a intriga que acarrea toda voráxine de acontecementos, ao mesmo tempo que fala dun proceso de búsqueda interior.
Ao peche do acto, haberá venda de exemplares da novela e sinatura de Isabel Ramos.