O licenciado en Filosofía e tamén mestre de escola Juan Sanjurjo estará o vindeiro 6 de novembro, a partir das 19:30 h., no salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar publicamente arredor da sociedade de hoxe e a súa relación co eido político.
Baixo o nome ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’, Sanjurjo debullará cuestións como a ultradereitización do ecosistema político-institucional, o sentimento de representatividade da cidadanía con respecto aos políticos e políticas e a deriva xeral que se está a vivir na actualidade.
O acto conta con entrada libre e está organizado pola Concellaría de Cultura de Ares.
				
														
