A área de Comercio municipal e a Oficina Acelera Pyme achegan formación en marketing dixital aos negocios de Ares

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu onte, 18 de marzo, o obradoiro “As RRSS: o escaparate para as pemes, persoas autónomas e emprendedoras”, unha formación sobre marketing dixital impartida por Julio Flores Balado e programada entre a Concellaría de Comercio e a Oficina Acelera PYME Deputación da Coruña.
A xornada serviu coma toma de contacto para que os negocios locais de Ares tivesen unha maior panorámica sobre o que supón construír unha boa presenza dixital en Internet, ademais de amosar as posibilidades das redes sociais á hora de crear contido e as tipoloxías de público dentro de cada plataforma virtual. Lucía Blanco, edil de Comercio, agradeceu a involucración da Oficina Acelera Pyme, mais tamén a boa resposta do tecido comercial de Ares polo evento.
A formación, totalmente de balde, rematou cun aperitivo networking para intercambiar opinións, coñecerse e ata mesmo resolver dúbidas.

Pódeche interesar