A área de Medioambiente arranca coa entrega de dispensadores de bolsas gratuítos

A área de Medioambiente arranca coa entrega de dispensadores de bolsas gratuítos

Comparte esta nota de prensa

Dende hoxe en adiante, a veciñanza poderá recibir na entrada do consistorio de Ares os dispensadores de bolsas para as deposicións das súas mascotas, dentro da campaña de sensibilización que propón o Concello neste mes de marzo.

A Concellaría de Medioambiente entregará nas próximas semanas preto de 400 dispensadores totalmente de balde, e sumará a este acto a difusión en medios dixitais de contidos que fomenten o coidado das rúas e parques de Ares.

A campaña impúlsase para contribuír á mellora da convivencia entre veciños e veciñas, aínda que o propio acto de limpeza é obrigatorio dende 2020, cando se efectuou unha ordenanza municipal para regular a problemática da recollida de deposicións de animais.

Pódeche interesar