A Biblioteca Municipal acolle “Onde nace a Lingua”, a cargo de Marta Ortiz, unha actividade lúdica e participativa para o público infantil e familiar.

Comparte esta nota de prensa

A proposta combina adiviñas, trabalinguas e contos rimados, cos que os nenos e nenas xogarán cos sons e fonemas, percibindo o ritmo dos versos e das sílabas ademais, haberá cancións de mans e contos con lingua de signos, fomentando a expresión corporal e a interacción co público, Todo isto acompáñase de música, instrumentos e obxectos que Marta Ortiz utiliza para aportar ritmo e dinamismo á actividade.

A sesión terá lugar na Alianza Aresana o mércores 1 de outubro ás 18:30 h. A entrada é de balde e está dirixida a nenos, nenas e familias. Para máis información, pódese achegar á OMIX Biblioteca Municipal ou chamar ao 981 448 057.

A actividade está organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ares coa colaboración da Rede Cultura da Deputación da Coruña, co obxectivo de fomentar a participación cultural e o interese pola linguaxe e a creatividade entre os máis novos.

Pódeche interesar