A Concellaría de Cultura presenta a nova edición do “Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares”, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 8 e 18 anos.

Comparte esta nota de prensa

O certame celebrarase do 7 ao 31 de outubro de 2025 e ofrece a oportunidade de que as fotografías gañadoras formen parte do Calendario Municipal 2026, ademais de optar a premios como unha tablet ou cámara de fotos e lotes de libros.

Haberá dúas categorías de participación, de 8 a 12 anos e 13 a 18 anos, e todas as obras deberán enviarse de forma electrónica a concursofotografia@concellodeares.com.

O concurso ten como obxectivo que a mocidade se exprese a través da fotografía, capturando espazos, lugares, obxectos, festas ou situacións que consideren representativos da súa contorna e da súa identidade, permitindo observar e recoñecerse en pequenas historias e paisaxes vinculadas á memoria colectiva de Ares.

Poden participar mozos e mozas empadroados en Ares ou alumnado do CPI As Mirandas, enviando un máximo de dúas fotografías por participante. As obras deberán incluír os formularios de participación e de identificación cubertos e asinados, dispoñibles en www.concellodeares.gal. No caso de que aparezan terceiras persoas nas imaxes, será necesario achegar tamén a autorización de imaxe asinada por elas.

Técnicamente, as fotografías deben ser JPEG ou JPG, sen edición ou melloras, e cun tamaño de 6 a 12 megapíxeles. Ademais, deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2025 e non publicadas previamente.

O xurado designado pola Concellaría de Cultura seleccionará 6 fotografías finalistas (3 por categoría), avaliando creatividade, orixinalidade, representatividade de Ares e cumprimento das bases.

Para máis información ou dúbidas, pódese consultar na OMIX (Edificio Alianza Aresana, Rúa María II, Ares) ou contactar por teléfono no 981 448 057.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Continúa a presenza de Ares en FITUR 2026

Como parte da representación de Ares en FITUR 2026, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, está a manter múltiples encontros no marco das xornadas de