2024-Distribucion municipal de Composteiros-5

A Concellaría de Medioambiente e SOGAMA formalizan un acordo para a distribución de 25 composteiros en Ares

Comparte esta nota de prensa

Ante a boa recepción do Programa de Compostaxe Doméstica realizada polo Concello entre finais de 2023 e comezos deste 2024, a área de Medioambiente municipal asinou un convenio de colaboración coa empresa pública SOGAMA para satisfacer a alta demanda que se rexistrou no tocante á compostaxe local.

Así, nestes últimos días a concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, vén de formalizar a entrega de 25 composteiros a veciños e veciñas de Ares, incorporando un manual de emprego para establecer bos hábitos de compostaxe cando os instalen nos terreos das súas vivendas unifamiliares, “cubrindo a listaxe de agarda que se xerou despois da primeira campaña municipal que fixemos”, salientou Blanco.

Baixo a perspectiva da edil de Medioambiente, “para o Concello é fundamental ampliar o máximo posible a rede de compostaxe, ao ser unha maneira de autoxestionar a materia orgánica con moitas vantaxes económicas, sociais e ambientais. Con eles a cidadanía tamén se compromete a unha xestión do lixo máis responsable e a facer un Ares máis sostible, complementándose con outras iniciativas como o punto limpo móbil municipal”.

2024-Distribución municipal de Composteiros-22024-Distribución municipal de Composteiros-32024-Distribución municipal de Composteiros-12024-Distribución municipal de Composteiros-4

Pódeche interesar