A concelleira de Turismo e Patrimonio, Lucía Blanco, asistiu onte á xornada inaugural do congreso internacional “Apuntando ao mar” sobre as defensas costeiras da Costa Ártabra.

Comparte esta nota de prensa

Organizado pola Deputación provincial da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño, reunirá estes días na cidade naval a expertos nacionais e de diferentes países europeos, que achegarán a súa visión sobre as defensas da costa ao longo da historia e o seu potencial como polos de dinamización turística.

De feito, a propia Deputación impulsará un ambicioso proxecto que partirá este ano cun investimento dun millón de euros, para dar comezo ao Plan de Recuperación das baterías militares da Bailadora, en Ares; a de Campelo, en Valdoviño; e o observatorio de Monteventoso, en Ferrol.

O Congreso é gratuíto e aberto ao público interesado, mais convén inscribirse para participar nas visitas guiadas que se desenvolverán durante a xornada de mañá sábado a Exponav e ás baterías militares de Prior, a través da páxina web www.apuntandoaomar.com.  Aínda así, para quenes o prefiran, tamén está dispoñible o streaming.

Podes acceder ao directo en: http://bit.ly/3I5IQNN.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,