A Coruña acolle a seguinte presentación de ‘A hora sinalada’, Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025

Comparte esta nota de prensa

Rafael Catoira, gañador da última edición do Premio Alén de Novela Curta do Concello de Ares, conversará mañá, 4 de novembro, con Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Laura Rodríguez, editora de Hércules de Ediciones, arredor da súa novela galardoada ‘Á hora sinalada‘.

O acto de presentación desenvolverase no Espazo Lector Nobel de A Coruña a partir das 19:00 h., e será unha boa oportunidade para achegarse a esta historia narrada en primeira persoa e que afonda na memoria dun home que regresa a Galicia despois de toda unha vida emigrado.

Catoira, empregando unha voz íntima, reconstrúe os espazos físicos e emocionais da súa infancia, os vínculos co país natal e a pegada do tempo transcorrido fóra; unha mirada literaria, en definitiva, sobre a identidade, o desarraigo e o regreso.

Non o perdas!

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local