A creatividade dos pequenos agroma en forma de flores e testos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil 2025

Comparte esta nota de prensa

Con todas as ganas e imaxinación que tiñan botáronse onte os pequenos e pequenas a debuxar e confeccionar uns testos e flores moi particulares na Biblioteca Municipal de Ares, dentro da programación da Concellaría de Cultura para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil 2025.

Foi un obradoiro tematizado e deseñado para crianzas de 4 a 7 anos que tamén celebrou a chegada da primavera e a conexión que ten, coa tradición cada vez máis popular de Sant Jordi, cos libros e as historias.

Un xeito de amosar toda a súa creatividade, como ben se ve nas fotografías que deixamos aquí embaixo!

 

 

 

Pódeche interesar