A creatividade tamén se leva posta cos obradoiros de customización de complementos indianos

Comparte esta nota de prensa

No Ares Indiano non só existe a posibilidade de alugar os traxes na tenda efémera da Avda. Saavedra Meneses, senón que alí mesmo tamén se dá a oportunidade de crear coas propias mans os accesorios personalizados para levar nas caracterizacións da veciñanza.

E así o fixeron na tarde de onte e esta mesma mañá as persoas que se sumaron ós obradoiros de customización de complementos que impulsou o Concello xunto con Chimpos, a empresa compostelá de vestimenta histórica. Con agulla e moita creatividade, botáronse a decorar os sombreiros, as luvas, os bolsos… e a dar un toque distinto aos seus traxes para o VIII Ares Indiano.

Unha proposta pensada para quen desexe engadirlle un punto persoal ao seu vestiario de época. Porque neste Ares Indiano, ben sexa alugando ou facéndoo ti mesmo/a, o importante é animarse a caracterizarse!

 

Pódeche interesar