A escritora Nones Araujo gaña o I Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

 O pasado 5 de xuño, o xurado da I Edición do Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares anunciou que a gañadora é Nones Araujo, profesora e escritora afincada en Vigo cunha destacada traxectoria literaria e varios premios no seu haber. O premio ascende aos 2.000 euros e conleva a posterior publicación da obra. A súa presentación será o 19 de agosto dentro da programación do VI Ares Indiano.

A novela premiada, titulada “A Madriña”, foi elixida por unanimidade polo xurado, composto pola profesora ad honorem da Universidade de Santiago, Branca Roig Rechou, a profesora da Universidade de Vigo, Mª del Mar Fernández Vázquez, e a directora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez Herrera. O xurado destacou a calidade literaria e a profundidade temática da obra.

“A Madriña” relata en primeira persoa a vida da protagonista, quen lembra a súa historia a partir das consecuencias da emigración familiar. O xurado destacou as citas iniciais de cada capítulo, a riqueza do léxico empregado, o ton e ritmo do relato, as oracións sentenciosas e os dobres sentidos, así como o manexo das referencias culturais. Da mesma maneira, eloxiouse o uso dunha linguaxe que respecta as diferenzas de xénero e a habilidade da autora para plasmar os trazos dos personaxes e ambientes.

A I Edición do Premio de Novela Curta “Alén” fora presentada na Alianza Aresá, emblemático símbolo da pegada indiana no municipio, por Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Laura Rodríguez, directora de Hércules de Ediciones. Durante a presentación Rodríguez destacara: “A importancia deste premio literario para achegar aos lectores e lectoras historias sobre a nosa emigración e tamén para descubrir novos talentos na literatura en lingua galega”.

Sobre Hércules Edicións

Hércules de Ediciones é unha editorial galega con sede na Coruña, fundada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias. Desde entón, destacou por promover a cultura galega a través de obras de divulgación rigorosas e de calidade. Baixo a dirección de Laura Rodríguez Herrera, a editorial independente ha ampliado o seu alcance, publicando obras

contemporáneas, literatura infantil e xuvenil, todo iso cun enfoque no feminismo, a diversidade e a divulgación cultural.

Escoita a escritora Nones Araujo tras gañar o I Premio de Novela Curta “Alén”

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,