A fibromialxia, baixo o foco da última sesión da Academia AresXSaúde

Comparte esta nota de prensa

Ares pechou unha nova charla da Academia AresXSaúde poñendo o foco na fibromialxia e na importancia de visibilizar esta doenza invisible.

A Asociación Fibro Visibles, representada por Ana María Rodríguez Castro e Florica Anica Estreanga, compartiu coa veciñanza unha charla divulgativa arredor desta enfermidade, abordando o impacto que ten na vida diaria das persoas que a padecen: dor crónica, fatiga, problemas de sono, dificultades de concentración ou afectación emocional.

Foi tamén unha oportunidade para resolver dúbidas e seguir xerando conciencia arredor dunha realidade que afecta a milleiros de persoas, moitas veces en silencio.

A sesión, celebrada no salón de actos da Alianza Aresana, serviu ademais para clausurar unha nova etapa da Academia AresXSaúde, o programa municipal centrado na promoción da saúde e dos hábitos de vida saudables entre a veciñanza.

 

 

 

Pódeche interesar