A foodtruck de ‘Galicia sabe amar’, este domingo no paseo marítimo de Ares

Comparte esta nota de prensa

Este 13 de abril, xusto diante da casa consistorial de Ares e ao longo de todo o día, os veciños e veciñas poderán degustar totalmente de balde diferentes produtos galegos do mar e da terra, dentro da campaña ‘Galicia sabe amar’ que propón a Xunta de Galicia por múltiples municipios da comunidade autónoma.

Chegará ó paseo marítimo da localidade unha foodtruck que se encargará de repartir varias elaboracións para poñer en valor o consumo de produtos certificados coma de proximidade, amosando a súa calidade, variedade e bo sabor. Con todo, a iniciativa tamén serve para dignificar o traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo do territorio galego.

O foodtruck coas degustacións estará dispoñible de 12:00 a 15:00 h. e, xa pola tarde, de 17:00 a 20:00 h.

Pódeche interesar

Notas de prensa

25N: Ares contra a violencia de xénero

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para rexeitar a

Notas de prensa

E a vila celebrou o Día do Músico!

O Casino Aresano vibrou onte coas actuacións das Rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda, no marco da proposta deseñada pola Concellaría