‘A hora sinalada’: un libro para narrar o desarraigo e as transformacións identitarias da migración

Comparte esta nota de prensa

O Espazo Lector Nobel da Coruña acolleu onte a presentación da novela A hora sinalada, obra coa que Rafael Catoira acadou o Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025, publicada recentemente no catálogo de Hércules de Ediciones.

No acto, o autor conversou coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, e coa editora de Hércules de EdicionesLaura Rodríguez, arredor desta historia narrada en primeira persoa que mergulla ao lector na memoria dun home que regresa a Galicia tras toda unha vida de emigración.

Cun ton íntimo e reflexivo, Catoira reconstrúe espazos e recordos, abordando temas universais como a identidade, o desarraigo e o paso do tempo, todos eles estreitamente vencellados co proceso de migrar e voltar ó país natal cunha nova ollada sobre o territorio.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local