A I Edición do LiterAres explorou a literatura galega e de proximidade

Comparte esta nota de prensa

A primeira edición do LiterAres, a xornada literaria organizada entre a Concellaría de Cultura e a Asociación Galega de Escritoras e Escritores (AGER), converteu os exteriores e interiores da Alianza Aresana en espazo de conversa, vermú, música e sinatura.

O evento chegou este sábado pasado á localidade, e con el tamén un gran número de autoras e autores da comarca, amais de incorporar a plumas recoñecidas dentro do sector editorial galego como Arantza Portabales, Antía Yáñez ou Andrea Maceiras.

Mais tamén houbo tempo para reflexionar sobre a migración con Nones Araújo, gañadora do Alén 2023; entender como impactou a paisaxe de Ares na creación do artista Toni Seijas e na última novela de Pablo J. Rañales, Os afogados; achegarse ás obras de Juan Galán, Teresa Cameselle, María Nieto e Micaela Barbeito ou mesmo gozar das  composicións musicais da A. C. Xábrega nunha sesión de micro aberto con acompañamento de poesía.

O LiterAres pechou a súa primeira edición enfatizando a importancia de achegar a literatura ao maior número de lugares posible.

Pódeche interesar