A iniciativa de “Galicia sabe amar” regresa á vila cunha nova parada no CPI As Mirandas

Comparte esta nota de prensa

Ares recibiu hoxe unha nova visita da foodtruck da campaña “Galicia sabe Amar, promovida pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea. A foodtruck azul, que percorre o territorio exaltando a riqueza dos produtos do mar galegos, estivo nesta ocasión no CPI As Mirandas para achegar a máis de 280 estudantes varias degustacións co mellor do Océano Atlántico.

A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Blanco, tamén visitou esta mañá o CPI As Mirandas e deu a benvida de novo á foodtruck de Galicia sabe Amar, ao tempo que aproveitou para destacar “a relevancia de transmitir á mocidade a riqueza dos produtos do noso litoral”, aprendendo sobre a tradición pesqueira.

Ao longo da mañá, entre as 9:30 h. e as 14:30 h., a comunidade educativa do centro puido saborear algunhas preparacións como o mexilón en escabeche, o hummus de fabas de Lourenzá sobre mariñeira de Chantada ou a croqueta de polbo, todas elas confeccionadas co obxectivo de poñer en valor os tesouros do mar e os alimentos de proximidade.

 

Pódeche interesar