A lamprea protagonizou a última ponencia de Juan Prados

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu o venres pasado o relatorio do veciño Juan Prados, eencargado de afondar na historia da lamprea e da súa singularidade, trazando na súa charla un percorrido para unir gastronomía, tradición e mesmo unha revisión da función da lamprea en sociedades pretéritas como a Grecia clásica e Roma. E acompañándoo no faladoiro estivo tamén o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo.

E así, Prados debullou como a lamprea espertou milenios atrás unha enorme fascinación que se traduciu nunha abordaxe completa dende diferentes perspectivas: artística, científica, histórica, culinaria… e polo tanto tamén foi protagonista de estudos, obras gastronómicas, ilustracións e pinturas. De feito, todo ese material literario e pictórico foi o que analizaron Juan Prados e Jaume Rodón Lluís para escribir a súa particular ‘Biografía de la lamprea’ (Ediciones Trea, 2009).

A charla rematou con degustación, ofrecendo ao público asistente unha experiencia completa na que o coñecemento e o sabor foron da man.

 

Pódeche interesar