A Alianza Aresana transformarase en espazo de memoria e divulgación dentro do Seminario de Cultura Ultramarina que propón o Concello no Ares Indiano 2024 con relatorios e presentacións de libros! Teremos…
[1] A presentación da edición facsimilar da obra ‘39 años de mi vida’, escrito polo aresán Manuel Rodríguez Ramos, alias ‘Canelo’, e contaremos co estudoso local Javier Vilasánchez para contextualizar o valor desta publicación. Ademais, estará acompañado á viola por Carla Maltese.
Cando? O sábado, 17 de agosto, ás 12:15 h.
[2] O relatorio ‘O poder de educar na emigración’, unha panorámica á educación alén do mar con Daniel Vázquez Vila, historiador e Doutor en Estudos Culturais, e Violeta Ramos, directora do documental sobre a mestra na emigración Andrea López Chao.
Cando? O sábado, 17 de agosto, ás 19:30 h.
[3] A presentación literaria de ‘Enfiando a vida’, a novela gañadora do II Concurso de Novela Curta Alén Concello de Ares, escrita por Susana Fraguela e publicada en Hércules de Ediciones.
Cando? O domingo, 18 de agosto, ás 12:00 h.
A memoria local e a literatura sobre a migración teñen oco tamén neste #VIIAresIndiano.