A novena edición do Campus Chiquibásquet de Nadal chegará ao municipio a finais de decembro

Comparte esta nota de prensa

  • A iniciativa dirixida por Chiqui Barros xa ten as súas inscricións abertas, habilitando 20 prazas para as persoas interesadas.
  • O Campus realizarase do 22 ao 24 de decembro en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 h,. e vén a complementar a oferta de mellora baloncestística que o propio Barros dirixe cada verán en Ares.

 

Tres xornadas de adestramentos para aqueles rapaces e rapazas que desexen pasar as datas de Nadal xogando, divertíndose e mellorando no baloncesto: así se sintetiza a IX edición do Campus Chiquibásquet Nadal que vén de presentarse conxuntamente polo Concello e Chiqui Barros, o promotor da iniciativa.

Empregando metodoloxías lúdico-formativas, o Campus impulsarase no pavillón polideportivo de Ares dende o 22 ao 24 de decembro, en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 h.), para buscar a mellora deportiva e persoal da mocidade de 5 a 22 anos na súa práctica baloncestística. Ofértanse 20 prazas cun prezo de matrícula de 50 euros para non-empadroados na vila e 45 euros para aquelas persoas que residan en Ares.

Coma novidade, este ano incorpóranse nas sesións de entrenamento un apartado especial, o monográfico de tiro, para mellorar especificamente nestra destreza do baloncesto.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro, debendo reservar na páxina web do evento https://chiquibasquet.wordpress.com/. Para resolver dúbidas ou ampliar información, tamén está dispoñible o teléfono 676 408 520.

Pódeche interesar