A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia instalarase en Ares o vindeiro mércores, 3 de setembro

Comparte esta nota de prensa

Dende as 9:00 ata as 14:00 horas, a Oficina Móbil de Retorno xestionada pola Secretaría Xeral de Emigración chegará á Praza da Constitución de Ares para prestar atención personalizada ós galegos e galegas retornados que decidiron regresar á súa terra e se atopan na actualidade vivindo na contorna municipal ou áreas próximas.

A través da Oficina, preténdese achegar a administración autonómica á cidadanía e poñer a disposición destes colectivos migrantes retornados a información e recursos da Xunta de Galicia. Entre os principais servizos, inclúese o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, orientación laboral –con axudas á hora de validar títulos obtidos no estranxeiro–, asistencia en trámites de Seguridade Social, Sanidade, Educación…

En esencia, un conxunto de servizos de apoio de forma gratuíta cunha atención personalizada para resolver dúbidas, prestar acompañamento e procurar unha orientación de calidade nesta nova etapa vital que se abre co retorno a Galicia despois de emigrar.

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de