O próximo 3 de xullo ás 20:30 horas reserva un oco na axenda para desfrutar do espectáculo que propón a Escola de Danza Comparte, en colaboración co Concello de Ares. Será unha mostra de diferentes tipoloxías de xéneros e baile no areal urbano da vila, ao carón do posto de socorrismo, aproveitando así o espectacular marco natural que ofrece a praia.
Achégate e goza do #VeraneAres!