A Subdelegación do Goberno de España en A Coruña e o Concello supervisan as obras de adecuación do acceso á praia de Seselle

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e a subdelegada do Goberno de España en A Coruña, María Rivas, visitaron onte os traballos que se están a acometer no acceso ó areal de Seselle pola contorna de Os Castros, unha intervención executada pola Demarcación de Costas de Galicia para deixar atrás o formigón en mal estado e impulsar o desfrute e accesibilidade dunha das praias máis concorridas da vila.

As autoridades supervisaron o estado actual das obras, onde se está a materializar unha nova escaleira de formigón e un reacondicionamento da senda peonil que leva ata ela, delimitándose toda a zona a partir de varandas de madeira –aínda pendentes de instalarse na súa totalidade—e poñendo fin ós problemas de escorrentía.

A intervención enmárcase, tal e como declarou durante a visita a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, no “compromiso do Executivo co desenvolvemento sostible e a posta en valor do litoral”, e prevese que a adecuación remate nos vindeiros días, estando dispoñible xa de cara ao período de máis uso no verán.

A obra parte dun orzamento de 61.278,20 eurosasumidos integramente polo Goberno central, e materialízase tras o proceso de diálogo aberto entre o Concello e a propia entidade supramunicipal no que se dirimiron cuestións vencelladas á coordinación de esforzos para a mellora do litoral de Ares.

Pódeche interesar