A tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana xa está dispoñible para a veciñanza e visitantes

Comparte esta nota de prensa

Dende o pasado luns e até o vindeiro 23 de agosto, a veciñanza poderá acudir á tenda que vén de ser instalada na Avenida Saavedra Meneses número 16 por parte da empresa compostelá Chimpos, especializada en vestiario histórico, e comprobar a súa oferta de indumentarias indianas.

Como en anteriores edicións, alí se poderán alugar diferentes prendas de época para crianzas, mulleres e homes: vestidos completos, accesorios soltos, sombreiros… un catálogo a disposición de toda persoa que desexe acudir ao VIII Ares Indiano caracterizada do mellor xeito posible, sen necesidade de mercar a roupa.

A tenda efémera de aluguer de traxes estará aberta en horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h, facilitando á veciñanza a súa caracterización histórica cunha empresa recoñecida neste eido, rexentada por Betty Sieira.

 

Pódeche interesar