A tenda efémera de aluguer de vestimenta para o Ares Indiano chegará ao municipio o 14 de agosto

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura dirixida por Alma Barrón vén de informar sobre un dos servizos implementados no Ares Indiano: a tenda de aluguer de vestimenta de época, que achegará caracterizacións de indianos e indianas, estará habilitada na localidade a partir do próximo luns, 14 de agosto.

Así, a empresa Chimpos amosará o seu catálogo desde esa mesma xornada, en horario de 11:30 a 22:00 horas, ata o sábado 19, agás o martes 15, na Avenida Saavedra Meneses número 16, no local cedido por José Ramón Fuentes, titular da tenda La Llave de Ares.

Dentro da oferta que haberá neste espazo, inclúense traxes de homes, mulleres e nenos, tanto de gala coma de campesiño, aumentando as posibilidades para toda a veciñanza que desexe asistir caracterizada ao evento.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,