A vila despídese da oitava edición do Ares Indiano

Comparte esta nota de prensa

Durante estes últimos tres días tan intensos, Ares converteuse nun espazo vivo, cheo de cultura, música, gastronomía, artesanía, creatividade e divulgación histórica para lembrar e recoñecer a memoria da migración local e galega. Chegamos ao remate do VIII Ares Indiano… e toca despedirse!

Nesta fin de semana, veciñanza e visitantes pasearon en barco, en autobús histórico ou a pé para descubrir o noso patrimonio indiano e tamén a nosa paisaxe relacionada co mar; gozaron dos showcookings da campaña ‘A paisaxe que sabe’, deixáronse levar polos sons de Septeto Naborí, traídos de Cuba, emocionáronse coa voz de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre, caracterizáronse e aprenderon sobre a complexidade do proceso migratorio con relatorios e exposicións…

En definitiva, un sinfín de actividades para que todo o mundo puidera viaxar ó outro lado do Atlántico e recordar por un momento as raíces migrantes.

É o momento de dicir adeus, mais só ata o ano que vén, cando regresarán os traxes de época, a luz das Américas e a lembranza da nosa historia. Grazas a todos os que contribuíron a facer realidade esta oitava edición do Ares Indiano!

 

📸 Fotografías: Ares Indiano, La Voz de Galicia. Edición Ferrol e Alberto Sánchez García.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A vila despídese da oitava edición do Ares Indiano

Durante estes últimos tres días tan intensos, Ares converteuse nun espazo vivo, cheo de cultura, música, gastronomía, artesanía, creatividade e divulgación histórica para lembrar e